ATENCIÓN E MEMORIA
ATENCIÓN E MEMORIA A atención e a memoria, especialmente nesta etapa da miña vida, como estudante de segundo de bacharelato, son verdaderamente importantes. Por unha banda, en este curso é imprescindible entender un amplo abanico de conceptos e a atención é a única maneira de poder captar os estímulos externos e internos e, desta forma, filtrar a información que nos chega e ignorar outra. Por outra banda, nesta etapa os estudantes debemos ser capaces de reter unha gran cantidade de temario de moitas asignaturas para enfrentarnos a unha proba final na que se nos esixirá todo o aprendido durante o curso. Por esta razón, a memoria é necesaria xa que nos permite entender, aprender, pensar e recordar todo o necesario para aprobar o curso. Como xa mencionamos anteriormente, a atención é a porta de entrada de estímulos externos e internos para o noso cerebro, o que nos permite filtrar toda esta información e ignorar outra. Dentro da atención podemos distinguir a atención sostida, tamén denomi...