ATENCIÓN E MEMORIA


ATENCIÓN E MEMORIA


A atención e a memoria, especialmente nesta etapa da miña vida, como estudante de segundo de bacharelato, son verdaderamente importantes. Por unha banda, en este curso é imprescindible entender un amplo abanico de conceptos e a atención é a única maneira de poder captar os estímulos externos e internos e, desta forma, filtrar a información que nos chega e ignorar outra. Por outra banda, nesta etapa os estudantes debemos ser capaces de reter unha gran cantidade de temario de moitas asignaturas para enfrentarnos a unha proba final na que se nos esixirá todo o aprendido durante o curso. Por esta razón, a memoria é necesaria xa que nos permite entender, aprender, pensar e recordar todo o necesario para aprobar o curso.


Como xa mencionamos anteriormente, a atención é a porta de entrada de estímulos externos e internos para o noso cerebro, o que nos permite filtrar toda esta información e ignorar outra. Dentro da atención podemos distinguir a atención sostida, tamén denominada concentración que é o tempo que somos capaces de manter a atención. Así, mediante os diversos  mecanismos atencionais actívanse procesos psicolóxicos que nos permiten crear unha imaxe do mundo que nos rodea. Toda esta información, grazas a atención, pasa por unha serie de filtros e é almacenada na memoria. Como podemos observar tanto a atención como a concentración son imprescindibles como punto de partida da memoria. Ademais, mentres que a atención pode ser involuntaria, a concentración é voluntaria e consciente, é dicir, depende de nos mesmos e, consecuentemente, podemos afirmar que é un elemento que está nas nosas mans mellorar. Tomando como referencia o mundo académico, tanto a concentración como a atención son moi necesarias xa que, como expuxemos previamente, son o punto de partida da memoria, a que nos permite aprender, entender, pensar e reter, polo que un mal funcionanmento das mesmas pode levarnos ao fracaso escolar. 



En canto a tipos de memoria, podemos atopar: a memoria sensorial, a memoria a curto prazo e a memoria a longo prazo. En primeiro lugar, a memoria sensorial é de carácter case automático, rexistra as sensacións e permite explorar as características da infomación que chega a nós pero mantena por moi pouco tempo (1 a 2 segundos). Dentro desta memoria distinguimos a memoria icónica ( rexistra información como iconas) e a ecóica (rexistra sons e palabras). En segundo lugar, parte da información captada pola memoria sensorial pasa á chamada memoria a curto prazo. A función principal desta memoria é organizar e analizar a información e interpretar experiencias, en concreto, procesa os datos que se utilizan conscientemente para responder os problemas do presente inmediato. O tempo de duración da infomación na MCP é algo máis longo que na memoria sensorial, entre 18 e 20 segundos. No referente a súa utilidade na aprendizaxe, esta memoria permite, entre outras cousas, recordar nomes, rostros, responder un exame… ademais, integra os coñecementos que importan na situación actual e ante os probemas futuros. Por último, a memoria a longo prazo é aquela que mantén o noso coñecemento do mundo para utilizalos no futuro. Contén o noso coñecemento do mundo físico, da realidade social e cultural, das nosas memorias autobiográficas, así como da linguaxe e dos significados dos conceptos. Sen embargo, mentres que na MCP a infomación manténse en estado consciente e activa, na MLP atópase en estado latente. Ademais, a diferenza da MCP, a información non permanece presente todo o tempo senón que precisa de mecanismos para recuperala. Os contidos, neste caso, mantéñense durante uns minutos, varios anos ou toda a vida. En canto ao aprendizaxe, unha das cousas que permite é establecer relacións significativas entre a diversidade de coñecementos almacenados. Para concluír este apartado, unha curiosiadade sobre a MLP e a MCP é que mentres que na  primeira non se coñece un límite preciso á capacidade para almacenar a información, na segunda devandito límite calculouse estatisticamente ao redor de sete unidades de información nun momento determinado.





Un exemplo deste último tipo de memoria poderían ser os recordos da infancia que a súa vez tamén foman parte da memoria episódica. Dende a miña experiencia persoal, un suceso que lembro foi un día no cal eu e máis os meus primos estábamos xogando coas bicicletas e os patinetes nunha costa moi empinada. Nun momento, eu tratei de baixala coa miña bicicleta moi rápido polo que perdín o control dos pedais e, ao ir en sandalias, enganchóuseme unha ao pedal esquerdo e todo o meu pé arrastrouse polo chan o que me provocou unha ferida da que aínda hoxe teño marca.



“Os recordos non son copias exactas de información ou experiencias, senón que a memoria os reelabora no momento da recuperación”. Para entender esta afirmación empregaremos un exemplo: cando estudas para un exame, na maioría das ocasións, á hora de realizar a proba, nos amosas o temario tal e como cho deron, senón que o explicas de forma correcta pero coas túas palabras xa que a túa memoria reelabora a información no meomento da recuperación. Ademais, a memoria é selectiva polo que non retén á perfección todos os episodios e contidos estudiados porque resultaría imposible.

Para entendelo todo, é importante explicar os diferentes procesos da memoria a longo prazo. En primer lugar, a codificación é a etapa na que sucede a  transformación dos estímulos nunha representación mental. Nesta fase, a atención é moi importante debido á dirección (selectividade) e á intensidade (esforzo) cos que se procesan os estímulos. En segundo lugar, o almacenamento consiste en manter os datos na memoria para o seu posterior uso. A organización da información faise a través de esquemas, unidades de coñecemento estruturadas que reúnen conceptos, categorías e relacións, formando conxuntos de coñecemento. Por último, a recuperación é o preceso mediante o cal a xente  accede á información almacenada na súa memoria. Pode ser espontáneo, cando xorden os recordos por azar, ou voluntariamente. En relación cos estudos, por exemplo, a fase de recuperación é realmente importante polo que, mediante estratexias para mellorar a evocación podemos lograr que esta etapa resulte máis sinxela de realizar. Os piares das estratexias para mellorar a evocación son: a atención, o sentido, a organización e a asociación. Esta última consiste en relacionar o que queres aprender con algo que xa coñeces debido a que a  memoria e o entendemento melloran se se relaciona o novo coñecemento coas cousas que xa se saben. Todo isto ten moito sentido porque a información MLP cando o material é verbal e visual é semántica e o código semántico permite establecer relacións significativas entre a diversidade de coñecementos almacenados. Por isto, se na nosa memoria temos xa conceptos cos que podemos relacionar o novo coñecemento a evocación será moito máis sinxela. 

Unha técnica de aprendizaxe moi efectiva é a espaciación das repeticións, é dicir, consiste en aprender un material determinado deixando pasar espacios de tempo cada vez máis longos entre unha sesión de entrenamento e a seguinte. Según Ebbinghaus e outros autores posteriores, cando o aprendizaxe se distribúe ao longo do tempo a información se retén mellor que si se leva a cabo nunha soa sesión. No primeiro caso falamos de presentación espaciada do contenido, e no segundo de presentación masiva. Como xa vimos, a MLP necesita de mecanismos e de técnicas adestradas consciente ou inconscientemente para poder recuperar a información almacenada nela. De non ser así, esta falta de procesamento podería provocar o esquecemento da infomación porque nunca se procesou por primeira vez e as memorias se disipan ao longo do tempo, se non se usan. 





Unha causa de esquecemento, ademais da xa mencionada (falta de procesamento), pode ser derivada dunha lesión cerebral ou dexeneración, como por exemplo, a enfermidade de Alzheimer ou a síndrome de Korsakoff dos alcohólicos.



Para rematar, a memoria en ocasións comete erros normais como o esquecemneto de nomes, datas ou eventos, o que se denomina distorsión. Un exemplo disto é a hiperamnesia, unha esaxeración da facultade da memoria. Estas persoas lembran datos inútiles, como páxinas completas dunha guía telefónica. Adoita presentarse en mozos autistas.
  




Bibliografía:



Libro: Psicología - James O.Whittaker

Comentarios

Entradas populares de este blog

APRENDEMOS TODO EL TIEMPO

O CEREBRO ENGÁNANOS