O CEREBRO ENGÁNANOS
“O CEREBRO ENGÁNANOS”
Durante a historia da humanidade, fóronse creando diferentes teorías psicolóxicas da percepción tratando de explicala. Unha das primeiras foi o asociacionismo que defendía que primeiro se perciben as sensacións illadas e despois asócianse entre sí, o que implica que a suma das partes constitúe a percepción global do obxecto. Esta teoría afirmaba que o suxeito ten un papel absolutamente pasivo e a percepción é a suma de sensacións segundo leis mecánicas.
Debido ao desacordo mostrado cara esta corrente, creouse unha das máis importantes da historia, a Gestalt. Esta defendía que a percepción non se constitúe por unha suma de elementos ou partes; ao contrario, percibimos directamente totalidades organizadas (formas ou configuracións). Estes todos estruturados que se perciben son algo máis que a suma das partes, xa que se atopan organizados segundo leis fixas da percepción ao contrario do que dicía o asociacionismo.
Asimesmo, podemos atopar dúas teorías máis: o cognitivismo e o enfoque neuro-psicolóxico. Por unha parte, o cognitivismo emprega a analoxía cerebro-ordenador e, a diferencia das anteriores, inclúese dentro dun campo máis amplo, o da cognición. Esta teoría propón que a percepción consiste en recoñecer un obxecto ou feito específico, dende este punto de vista, podemos dicir que a experiencia sensorial corresponde á recollida de información, e a percepción é quen a interpreta. Trátase dun proceso construtivo no que o suxeito anticipa uns esquemas cognitivos que posteriormente condicionarán a nosa futura percepción da realidade. Por outra parte, a neuropsicoloxía busca relacionar a percepción e a actividade neuronal. Hebb, o iniciador desta corrente, entende a percepción como un proceso cuxo compoñente principal son as chamadas asembleas celulares (unións sinápticas das neuronas como resultado dalgún acontecemento perceptivo anterior) que permanecen consolidadas grazas á experiencia e á aprendizaxe. As unións entre asambleas celulares permiten explicar fenómenos perceptivos complexos e a plasticidade do pensamento. Desta forma, téntanse traducir os esquemas perceptivos descubertos polos psicólogos gestaltistas en termos de agrupacións neuronais relativamente estables. Ademais, son modificables como consecuencia aos novos acontecementos perceptivos.
| Agnosia visual |
En ocasións, debido a un amplo abanico de causas como: infeccións, tumores ou lesións cerebrais, intoxicacións por alcol, drogas ou outras sustancias; ou causas emocionais ou psíquicas, o proceso perceptivo pode verse deteriorado e funcionar de forma errónea provocando trastornos perceptivos. Uns exemplos destes trastornos son as agnosias ou as alucinacións. Por un lado, as agnosias básanse na incapacidade de identificar ou recoñecer estímulos por un sentido en particular aínda que a persoa teña ben a súa capacidade intelectual e perceptiva.
Por outro lado, as alucinacións dánse cando percibimos obxectos que non están. Para este último trastorno, a psicopatoloxía establece 3 criterios: ter unha experiencia subxectiva en ausencia de estímulo, ten toda a forza e impacto dunha experiencia real e aparece de forma involuntaria, inesperada e sen control por parte do suxeito. Pode ser auditiva, visual, gustativa, olfativas ou táctil.
Non obstante, a nosa percepción tamén pode enganarnos sen necesidade de padecer un tumor, unha infección, unha intoxicación por alcol... provocando discrepancias entre o que percibimos e a realidade obxectiva. Estes enganos dos sentidos son denominados ilusións ópticas. Existe unha gran cantidade de ilusións ópticas como as que podemos observar nas imaxes.
| Todas as bolas son da mesma cor. |
| Todas as liñas son paralelas. |
| |
| Aínda que semelle movemento, é unha imaxe |
Un dos procesos perceptivos que se da no ser humano que é responsable das ilusións ópticas das imaxes anteriores, é a percepción visual. Este é un proceso activo co cal o cerebro pode transformar a información lumínica captada polo ollo en unha recreación da realidade externa. Según o autor Ángel Quezada López, “a percepción visual é a interpretación ou discriminación dos estímulos externos visuais relacionados co coñecemento previo e o estado emocional do individuo". É a capacidade de interpretar a información e o entorno dos efectos da luz visible (efecto óptico) que chega ao ollo. Dita percepción é tamén coñecida como a visión. Neste proceso, a través dos nervios ópticos, os nosos ollos conéctanse ao córtex visual situado na parte posterior do cerebro. Se descodificaramos a forma na que as retinas dos nosos ollos codifican a información e como a interpreta despois o cerebro, poderíamos conectar unha canle por detrás da cabeza dunha persoa para recrear unha realidade alternativa. Isto xa se realizou para devolverlle a visión aos cegos.
Averiguar cómo envía a información a retina ao cerebro non é sinxelo. O nervio óptico é un cuello de botella, e por iso se sabe que esta información debe ir codificada, xa que conta con apenas un millón de fibras para transmitir a información de 100 millóns de bastóns e 7 millóns de conos (os fotorreceptores da retina), así que a única solución é que a información que se transmite ao cerebro sexa preprocesada dentro do ollo para enviar só a información importante ao cerebro. Detección de bordes, formas, contrastes, cores relativos e outros algoritmos, realízanse na retina antes de enviar a información polo nervio óptico.
William H. Dobelle, falecido en 2004, foi o primeiro que, mediante o seu ollo de Dobelle, devolveulle parcialmente a visión a varias persoas voluntarias. O ollo de Dobelle consiste nunha cámara que envía as imaxes a unha especie de ordenador portátil. Alí son procesadas e enviadas ao córtex visual do paciente, a través duns electrodos previamente implantados no cerebro. O software de intelixencia artificial que emprega o ordenador ten unha fase de entrenamento, na que debe aprender a xerar os impulsos adecuados a partir do que o paciente di que ve. De esta maneira, consíguese que unha persoa totalmente cega poda ver un montón de puntos luminosos que forman as siluetas dos obxectos e as persoas que teñen diante.
Actualmente, a maioría de investigacións neste sentido céntranse en crear retinas artificiais que estimulan as células da retina mediante fotorreceptores que reciben a información dunha cámara. Esta técnica non se salta a etapa de preprocesamento da retina pero, desta maneira, pódense curar moitos tipos de cegueira, aínda que non pode curar a aquelas persoas que teñan danado o nervio óptico.
Sobre a percepción, tamén podemos atopar aspectos moi negativos que poden afectar ao ser humano como pode ser a percepción subliminar. Esta prodúcese debaixo do limiar da conciencia, de forma que a persoa non é consciente de que recibe estímulos, pero estes si producen efectos sobre o cerebro. Isto non está probado cientificamente pero de ser posible, considero que sería un grave problema. Se analizamos profundamente o que implica a percepción subliminar, podemos darnos de conta que mediante este proceso non somos conscientes dos estímulos que recibimos pero que sí provocan efectos sobre o cerebro. A simple vista, non parece algo grave, sen embargo, a falta de consciencia do individuo sobre os cambios no seu cerebro, implica que pode ser cambiado e modificado libremente sen que darse conta, é dicir, podemos ser manipulados. Todo isto, aínda parecendo mentira, xa se emprega a día de hoxe en ámbitos como a publicidade. Isto permítelles aos vendedores incitar ao consumo do produto sen necesitar convencer ao comprador xa que manipulan directamente o seu cerebro. Con todo, para combater isto, resulta insuficiente e inútil pedirlle aos consumidores que sexan responsables e conscientes do que compran debido a que poden estar baixo os efectos provocados por estes mensaxes subliminais. Consecuentemente, dende o meu punto de vista, a publicidade, entre outras cousas, debe ser examinada e analizada por expertos antes de ser empregada para evitar este tipo de manipulación. Algunhas das franquicias onde podemos ver este tipo de mensaxes son: Cocacola, Disney, Camel… en moitas ocasiones de tipo sexual o erótico.
| Cocacola |
| Disney |
| Camel |
Para concluír, gustaríame expresar a miña opinión sobre o título do artigo, “o cerebro engánanos”. Segundo o visto anteriormente, o cerebro en moitas ocasións, como sucede coas ilusións ópticas, percibe a realidade dunha maneira errónea. Sen embargo, non considero que sexa o cerebro o que nos engane, senón que, desde o meu punto de vista, é a propia realidade a que se mostra confusa e provoca confusión ao noso cerebro. Isto débese a que o cerebro é un órgano que foi evolucionando e non unha máquina perfecta. Consecuentemente, é completamente entendible que ante determinadas situacións non sexa capaz de dar unha interpretación totalmente fiel a realidade.
Comentarios
Publicar un comentario