ANÁLISE DUN EXPERIMENTO PSICOLÓXICO
Hipótese: A frecuencia de coito peneal-vaxinal está asociada cunha mellor memoria.
Grupo de control: Non hai.
Grupo experimental: 78 mulleres heterosexuais de entre 19 e 29 anos sás que se expoñen ao experimento.
Situación experimental: pedíuselle ao grupo experimental que completaran un paradigma de memoria computarizado que consistía en palabras abstractas e caras neutrais.
Variable independente: paradigma de memoria computarizado.
Variable dependente: memoria das integrantes do grupo experimental.
Conclusións:
Os datos recollidos no experimento mostran que a frecuencia de PVI asóciase positivamente con puntuacións de memoria para palabras abstractas pero non para caras. Segundo o estudo, isto débese a que as zonas responsables da memoria para palabras abstractas e para caras é diferente. En conclusión, os resultados suxiren que o PVI pode ter efectos beneficiosos na función da memoria en persoas coas características das do grupo experimental.
Valoración persoal:
En primeiro lugar, cabe destacar que as dúas variables atópanse en correlación, é decir, unha conduta interfire na outra ou a acompaña, pero non implica causalidade. En segundo lugar, no estudo realizado só se ven implicadas mulleres xoves e heterosexuais, polo que se exclúe a un alto porcentaxe da poboación. En terceiro lugar, segundo o experimento, a frecuencia coa que se manteñen relacións sexuais só se relaciona coa memoria que depende en gran medida do hipocampo (palabras abstractas), en cambio, non se conseguiu demostrar coherencia entre a parte da memoria que depende das estructuras extra hipocampales circundantes e o PVI. En conclusión, podemos observar que, a partir deste estudo, non é posible afirmar unha correlación segura entre a frecuencia de coito peneal-vaxinal e unha mellor memoria. Isto débese a que o experimento non abarca unha alta portentaxe da poboación e, ademais, so correlaciona as relación sexuais con un tipo de memoria concreta. Por todo isto, dende o meu punto de vista, non é correcto correlacionar a memoria e a frecuencia de relacións sexuais porque, como xa mencionei anteriormente, hai moitos máis factores implicados.
Comentarios
Publicar un comentario