Música e ciencia


A NECESIDADE DA MÚSICA PARA VIVIR


Neste artículo vou falar da implicación da música na evolución do ser humano, do seu procesamento no cerebro, do seu uso no ámbito da saúde e da súa relación co sistema endocrino.

Actualmente existen varias teorías sobre a coexistencia íntima da música coa evolución do ser humano, é dicir, a partir dos estudos realizados temos dúas hipóteses. Por un lado, créese que a música se creou para propiciar unha actitude altruista e cohesionada debido a que provoca un movemento unísono das persoas. Por  outro lado, grupos de investigadores pensan que a música surxira dun feito fortuito. Ambas creencias son teorías polo que non teñen unha coherencia total e absoluta e, neste caso, non están comprobadas.

Non obstante, no artigo si aparece unha hipótese comprobada a través do método científico na que se busca demostrar a anticipación constante do cerebro ante o que vai suceder. Para isto, mostráronlle a bailaríns de tango expertos (grupo experimental) vídeos nos que, según o nivel de experiencia, puideran prever ou non cando outros bailaríns cometerían un erro. Desta maneira, os investigadores verificaron o seguinte: "400 milisegundos antes de que se inciara a secuencia, a actividade cerebral xa anticipaba que ía ocurrir un erro". 

Como podemos observar no artigo, a neuropsicoloxía é unha ciencia que pode describir, explicar, predicir e emplear o obxecto de estudo para mellorar algún ámbito da vida. Isto pode verse reflexado neste artigo xa que: describe e explica como afecta a música ao corpo humano, predice os seus efectos e empleala en áreas como a da saúde para mellorar o funcionamento cognitivo, físico, social... (musicoterapia).

En referencia á influencia da música na evolución, xa no primeiro párrafo mencionábamos dúas teorías a raíz das cales podemos sacar unha conclusión evolutiva. Por un lado, unha das hipóteses  postula a creación da música "para axudarnos a todos a movernos xuntos". Isto pode xustificar, en certa medida, a supervivencia do ser humano debido ao ambiente de convivencia que puido propiciar o achado. Por outro lado, a segunda teoría afirmaba que a influencia da música sobre nós puido ser un feito fortuito pola súa capacidade para acaparar sistemas cerebrales con obxectivos como: a linguaxe, as emocións e o movemento. Desta forma, deféndese a idea de que a música puido ser benefactora para o desenvolvemento dunha linguaxe complexa o cal é unha característica única do ser humano que, ademais, é un factor básico para a comunicación e para poder vivir en comunidade.


Con respecto á organización funcional do cerebro, o procesamento da linguaxe relaciónase máis co lado esquerdo, aínda que non están claras as funcións de ambos lados. Ao igual que a linguaxe, a música é procesada por ambos hemisferios o que suxire, tras diversas investigacións, un procesamento compartido dos dous elementos a nivel conceptual. Sen embargo, a música proporciona unha nova forma de comunicación basada nas emocións e non no significado como o entende o signo lingüístico. Unha evidencia disto, é o caso dunha paciente que quedou sen poder falar pero podía cantar perfectamente. En conclusión, unha melodía pode chegar a ser máis eficaz cas palabras pola súa capacidade para modular; dende o estado de ánimo ata a propia fisioloxía humana.

Con todo, a neuropsicoloxía é unha ciencia que ten como obxectivo o estudo das lesións, do funcionamento incorrecto do sistema nervioso central... Consecuentemente, para mellorar estos danos existe un tipo de terapia basada na música: a musicoterapia. Esta, según o artigo, "a través da utilización clínica da música, busca activar procesos fisiolóxicos e emocionais que permiten estimular funcións disminuídas ou deterioradas e realzar tratamentos convencionais". De acordo coas investigacións realizadas, a musicoterapia da lugar a importantes consecuencias en pacientes con diversos trastornos e dificultades. Non obstante, mediante a música pódense inducir determinados estados emocionais ao facilitar cambios na distribución de substancias químicas. Isto pode plantexar certas cuestións éticas debido ao manipulamento que se pode chegar a facer das emocións do paciente aínda sendo para a súa propia rehabilitación.

Outro punto a destacar, é a relación do sistema endocrino coa música. Esta, ao igual que a comida, o sexo e as drogas, libera dopamina (sensación de placer), un neurotransmisor que está presente en diversas áreas do cerebro e que é especialmente importante para a función motora do organismo.


Por último, dende a miña experiencia persoal, considero a música un piar fundamental da vida xa que atópase en todos os meus días: para facer deberes, para ordear a habitación, para ducharme... Dende o meu punto de vista,  transmite moitísimas mensaxes inspiradoras, é unha fonte de tranquilidade á vez que de enerxía, fai posible a unión entre persoas... Un exemplo concreto disto, a partir das miñas vivencias, é a canción Where Is The Love- The Black Eyed Peas. Esta canción resúltame especial por diversos motivos, pero os principais son: por unha banda, a mensaxe que emite contra a violencia, o terrorismo, a hipocresía do goberno, a intolerancia e a indiferenza da xente ante os problemas alleos e, por outra banda, a enerxía que este xénero musical transmite o cal provócame a necesidade de bailar e moverme, sen importar o meu estado de ánimo nese momento. 



BIBLIOGRAFÍA:





Documento da unidade 4

Documento da unidade 1






Comentarios

Entradas populares de este blog

ATENCIÓN E MEMORIA

APRENDEMOS TODO EL TIEMPO

O CEREBRO ENGÁNANOS